venres, 30 de maio de 2014

A ASCENSIÓN DO SEÑOR CICLO A (Domingo 1 de Xuño)

QUE A NOSA BOCA SEXA MEDIO DE ACLAMACIÓN DA SABEDORÍA DE DEUS
ESCOITA ACTIVA
Mirar os acontecementos da nosa historia só cara arriba é propio da maxia. Miralos cara atrás é propio da superstición. Porén nós, coma cristiáns, temos unha mirada propia: cara arriba, confiando en Deus; cara ós lados, buscando aos irmáns; e cara adiante, construíndo futuro con optimismo, coa ledicia de sabérmonos acompañad@s.

Mais sempre temos a tentación da mirada máxica ou supersticiosa. A Pascua é tempo de espabilar, de renunciar a estas tentacións, de liberarnos das cadeas que escravizan. Busquemos coa mirada a Cristo, miremos ao irmán imaxe do Resucitado.
(Escoita Activa. Remol. Ascensión A)



Ningún comentario: